Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Á sombra dos anacardios / Antón Fortes

por Fortes, Antón [autor/a]; Mulazzani, Simona [ilustrador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Qontextos.Editor: Pontevedra :OQO ,2010 Edición: 1.Descrición: 17 p. :il. cor. ;24cm.ISBN: 978-84-9871-284-1.Materia(s): SIDA | Inclusión | Banda deseñada | Interculturalidade | Entroido | Guinea BissauRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Ten flores verdes, ás veces amarelas, e unhas froitas vermellas que se comen. Sempre lle pregunto cándo vou curar, para non ir máis ao hospital. As follas abanean co vento… Parecen dicir: Axiña…, axiña…!
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (72). Faga clic aquí para velos todos.


Neste álbum abórdase o grave problema da sida en Guinea Bissau, que afecta unha alta porcentaxe da poboación infantil. Este país africano é un dos que rexistra maior subdesenvolvemento de todo o mundo. Por este motivo, enfermidades infecciosas ou de transmisión sexual quedan sen tratar, o que provoca que se agraven e cheguen a producir a morte. A mortalidade infantil, causada por esta desatención en saúde, é moi elevada no país: de cada mil nados vivos, 105 bebés morren antes de cumprir un ano.



OQO editora contou neste álbum coa colaboración da Asemblea de Cooperación pola Paz, que traballa neste país co Ministerio de Saúde e as comunidades locais en proxectos para a construción e dotación de infraestruturas sanitarias, a formación de persoal cualificado e a sensibilización social sobre a importancia da saúde. O autor cedeulle os dereitos do libro a esta ONG, tal e como fixo con Fume para a ONGD Creart.

Ten flores verdes, ás veces amarelas, e unhas froitas vermellas que se comen. Sempre lle pregunto cándo vou curar, para non ir máis ao hospital. As follas abanean co vento… Parecen dicir: Axiña…, axiña…!

1º-2º ESO

5º-6º Primaria

Coa tecnoloxía Koha